Mostrando entradas con la etiqueta recursos aula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recursos aula. Mostrar todas las entradas
sábado, 9 de julio de 2016
miércoles, 8 de enero de 2014
viernes, 15 de noviembre de 2013
martes, 12 de noviembre de 2013
OBRADOIRO DE POESÍA 1- O ACRÓSTICO
ACRÓSTICO
Un acróstico é un poema
no que as letras iniciais, medias ou finais de cada verso, lidas en
sentido vertical, forman un vocábulo ou expresión.
EXEMPLOS
EXEMPLOS
Queira Dios que esta gaita ben tocada
Un recordo lle valla ó bon gaiteiro,
E que millenta mais unda o primeiro
Veñan tocar tamén a Galicia amada.
Inda premita Dios que sea soada
Voando muy vistoso o meu prumeiro
Arrolando cos chios do punteiro
Garrido se mostrando coa alborada.
Avante vaia en tod'as romerias
Levada polas vilas e arredores.
Inda sea a maestra das folías.
Calada nunca estea. E de primores
Inzando os sons preñados, e alegrías,
A busquen homes legos e doutores.
Un recordo lle valla ó bon gaiteiro,
E que millenta mais unda o primeiro
Veñan tocar tamén a Galicia amada.
Inda premita Dios que sea soada
Voando muy vistoso o meu prumeiro
Arrolando cos chios do punteiro
Garrido se mostrando coa alborada.
Avante vaia en tod'as romerias
Levada polas vilas e arredores.
Inda sea a maestra das folías.
Calada nunca estea. E de primores
Inzando os sons preñados, e alegrías,
A busquen homes legos e doutores.
Xoán Manuel Pintos, A gaita
gallega
Acróstico
Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais de amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituindo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resitencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia
Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais de amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituindo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resitencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia
Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade
domingo, 17 de marzo de 2013
EDUCACIÓN E TICS
"Somos creadores dixitais ou consumidores de contidos?, queremos que os rapaces agoten en 15 minutos
a tarifa de datos do móbil ou que desenvolvan algo e compartilo?”.
A polémica está servida.
Hai un días o diario El País publicaba unha reportaxe titulada Aprender a programar como se aprende a leer onde se promovía a aprendizaxe da linguaxe da programación.
Paralelamente, destábase outra polémica sobre o uso do IPad nas aulas. Algúns expertos opinan que “Educar nunha sociedade dixital non significa introducir un iPad na aula”. Segundo a responsable da Fundación Pere Tarrés :Educar en una sociedad digital, no significa introducir un iPad, una pizarra digital o un portátil en el aula y quedarnos con el modelo antiguo de enseñanza-aprendizaje. Todo ello comporta un cambio conceptual y metodológico que replantee la manera de enseñar y de aprender, los roles del docente y del alumnado…, en definitiva, un nuevo modelo que eduque en las competencias básicas digitales requeridas para ser un buen ciudadano.
Por último, responsables da Unesco falan das Alfabetizaciones digitales y competencias fundamentales e afirman que a alfabetización mediática e informacional ocupa un lugar central no mapa escolar de competencias do século XXI.
http://www.chaval.es/chavales/experiencias/educadores/educar-en-una-sociedad-digital-no-significa-introducir-un-ipad-en-el-aula
Fontes:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)