Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de marzo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014. POETA DÍAZ CASTRO

O poeta Díaz Castro será homenaxeado nas Letras Galegas 2014.
A seguir hai unha serie de enlaces onde atopamos información sobre a súa vida e obra.

PÁXINA WEB ADICADA AO POETA

DOCUMENTAL FEITO NO IES DÍAZ CASTRO:A LUS DO MUNDO




PROGRAMA ZIG-ZAG DA RTVG.17/02/2014 (19'-33')

 DUCUMENTAL. O INSTANTE ETERNO



UNIDADE DIDÁCTICA PARA A ESO DA AELG

UNIDADE DIDÁCTICA PARA BACHARELATO DA AELG

domingo, 9 de febrero de 2014

martes, 12 de noviembre de 2013

POESÍA VISUAL

Presentación realizada pola profesora Anxos Rial a partir dunha exposición de poesía visual en Cosmopoética 2013



OBRADOIRO DE POESÍA 1- O ACRÓSTICO


ACRÓSTICO

Un acróstico é un poema no que as letras iniciais, medias ou finais de cada verso, lidas en sentido vertical, forman un vocábulo ou expresión.

EXEMPLOS
Queira Dios que esta gaita ben tocada
Un recordo lle valla ó bon gaiteiro,
E que millenta mais unda o primeiro
Veñan tocar tamén a Galicia amada.

Inda premita Dios que sea soada
Voando muy vistoso o meu prumeiro
Arrolando cos chios do punteiro
Garrido se mostrando coa alborada.

Avante vaia en tod'as romerias
Levada polas vilas e arredores.
Inda sea a maestra das folías.

Calada nunca estea. E de primores
Inzando os sons preñados, e alegrías,
A busquen homes legos e doutores.


                                 Xoán Manuel Pintos, A gaita gallega

               Acróstico

    Somentes
    intentaba conseguir
    deixar na terra
    algo de min que me sobrevivise

    sabendo que debería ter sabido
    impedirme a min mesmo
    descubrir que só fun un interludio
    atroz entre dous muros de silencio

    só puiden evitar vivindo á sombra
    inocularlle para sempre a quen amaba
    doses letais de amor que envelenaba
    a súa alma cunha dor eterna

    sustituindo o desexo polo exilio
    iniciei a viaxe sen retorno
    deixándome levar sen resitencia
    ó fondo dunha interna
    aniquilación chea de nostalxia
                  Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade

O SÉCULO XXI, MELLOR EN VERSO

miércoles, 27 de marzo de 2013

MAKINARIA DE CARLOS NEGRO

No mes de abril traballaremos co libro de Carlos Negro, MAKINARIA

A continuación presentamos algúns recursos cos que imos traballar: 

 

 De Rosa Salgueiro traballaremos este LIM


Veremos este vídeo, gravado no IES Xesús Taboada Chivite 

  

 

 E tamén estoutro, gravado no Porto do Son:

entrevista con carlos negro from SonCine on Vimeo.



CARLOS  NEGRO EN ENREDANDO VERSOS

domingo, 24 de marzo de 2013

AS FLORIÑAS DOS TOXOS

 A chorima é a flor do toxo, ou tamén flor do inverno.Nalgúns lugares tamén é chamada alecrín: "alecrín, alecrín dourado que naceu no monte sen ser sementado", di a cantiga popular.
Noriega Varela tamén a cantou neste fermosísimo poema, cheo de sinxeleza, ao que lle engadimos fotos, tiradas nos montes de Cerveira en marzo de 2012.
Esperamos que vos gusten tanto as chorimas ou o alecrín coma a nós.


AS FLORIÑAS DOS TOXOS on PhotoPeach