jueves, 20 de noviembre de 2014

Con Begoña Caamaño 1964-2014

Na Facultade de Filoloxía e Tradución e organizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina, desenvolveuse en Vigo a primeira homenaxe a Begoña Caamaño despois da súa morte . O acto contou coa participación de María Xosé Queizán, Amanda Álvarez, Uxía, Estefanía González ou Antía Monteagudo e nel proxectouse un vídeo con imaxes e fragmentos da escritora.