domingo, 17 de noviembre de 2013

martes, 12 de noviembre de 2013

POESÍA VISUAL

Presentación realizada pola profesora Anxos Rial a partir dunha exposición de poesía visual en Cosmopoética 2013



OBRADOIRO DE POESÍA 1- O ACRÓSTICO


ACRÓSTICO

Un acróstico é un poema no que as letras iniciais, medias ou finais de cada verso, lidas en sentido vertical, forman un vocábulo ou expresión.

EXEMPLOS
Queira Dios que esta gaita ben tocada
Un recordo lle valla ó bon gaiteiro,
E que millenta mais unda o primeiro
Veñan tocar tamén a Galicia amada.

Inda premita Dios que sea soada
Voando muy vistoso o meu prumeiro
Arrolando cos chios do punteiro
Garrido se mostrando coa alborada.

Avante vaia en tod'as romerias
Levada polas vilas e arredores.
Inda sea a maestra das folías.

Calada nunca estea. E de primores
Inzando os sons preñados, e alegrías,
A busquen homes legos e doutores.


                                 Xoán Manuel Pintos, A gaita gallega

               Acróstico

    Somentes
    intentaba conseguir
    deixar na terra
    algo de min que me sobrevivise

    sabendo que debería ter sabido
    impedirme a min mesmo
    descubrir que só fun un interludio
    atroz entre dous muros de silencio

    só puiden evitar vivindo á sombra
    inocularlle para sempre a quen amaba
    doses letais de amor que envelenaba
    a súa alma cunha dor eterna

    sustituindo o desexo polo exilio
    iniciei a viaxe sen retorno
    deixándome levar sen resitencia
    ó fondo dunha interna
    aniquilación chea de nostalxia
                  Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade

O SÉCULO XXI, MELLOR EN VERSO