domingo, 22 de diciembre de 2013

jueves, 19 de diciembre de 2013

A ALFABETIZACIÓN NA ERA DE INTERNET-FELIPE ZAYAS

NADAL EN GALEGO





 
MANIFESTACIÓNS MUSICAIS DO NADAL

Cantigas de Nadal
Aínda que en principio todas as cantigas de Nadal nos poden parecer iguais, non é así e teriamos que facer tres clasificacións:
Por un lado están os romances como poden ser A toca da Virxe, El ciego y las naranjas, etc.Algúns chegaron ao de hoxe por tradición oral e poden ter a súa orixe nos séculos XIV-XV. Outros proveñen de pregos de cordel, xeralmente de orixe castelá, e xa datan do século XIX.Tamén neste apartado habería que incluír algunhas cancións romancea­das, moi estendidas por toda Galicia como pode ser Madre a la puerta hay un niño.
Por outro lado teriamos as panxoliñas que non serían máis que coplas alusivas ao nacemento de Deus, ligadas por un retrouso.
O terceiro tipo serían os vilancicos de autoría culta, feitos por unha persoa enxeñosa e con recursos, como podía ser o mestre ou o cura. Estes vilancicos son os que semellan de creación máis recente.
En calquera dos tres casos as cancións adoitan comezar cunha petición de licencia para cantar e rematan coa petición do aguinaldo.
Deixando a un lado os costumes locais, a maneira estándar de facer, non só os cantos de Nadal, senón tamén as rondas, xaneiras e reis, sería o seguinte: Despois da cea de Nadal formábanse rol­das (grupos) de mozas e mozos e percorrían todas as casas da aldea cantando e bailando. Ían acompañados dunha gaita, unha frauta, pandeiros ou o que se estilara na zona. Non importaba a hora á que a rolda chegara a unha casa, aínda que foran as cinco da mañá. Eles chegaban e can­taban. Saía o dono da casa e pedíanlle licencia para seguir coa troula e o dono tiña que lla dar, porque así o mandaba a tradición. Baixaban á cociña ou ao alprende todos os da casa, e os roldadores cantábanlle as cantigas ou o romance (imposto pola tradición) e remataban coa petición do aguinaldo. O dono da casa daba o que podía: chourizos, patacas, ovos, cartos... Bailábase un pouco e os da rolda despedíanse e ían a outra casa. E así até dez ou doce da mañá do día seguinte, que era cando se miraba todo o que xuntaran e acordábase facer con iso unha merenda ou cea, á que se adoitaba levar un gaiteiro para que houbera baile.
Tanto as licencias como os aguinaldo acostumaban ser cantados en galego, pois eran inventados polos cantores, mentres que o corpo central, ao ser de autoría culta, adoitaba estar en castelán.

Cantos de Reis
A clasificación dos cantos de reis vén sendo parecida aos de Nadal.Temos romances vellos,
romances "a lo divino", coplas independentes ligadas por un ritornello e reis de autoría culta. E a estes teriamos que sumarlles os reis xocosos e os reis da Epifanía, sempre ligados a danzas con­suetudinarias.
Segundo a zona, os reis podían comezar a cantarse polas casas sobre o día 3 de xaneiro. Había un tipo de reis xocosos, que temos constatado en varios puntos de Galicia, no que os cantores inventaban coplas dedicadas aos veciños.
Tanto as letras, como as danzas, como as músicas coas que se bailan obedecen a un mesmo patrón, sendo algunhas case idénticas, polo que deberon ser difundidas por algunha "Misión" das que percorreron Galicia nos séculos XVII e XVIII. Desde logo, nas letras pódese apreciar o carác­ter culto do escritor, así como o aspecto catequético, mnemotécnico e haxiográfico. O proble­ma destes textos é que foron fixados, xa de antigo, en papel. Non se trata, pois. de textos apren­didos oralmente (como ocorre con moitos romances), senón máis ben dunha tradición que se sustenta sobre uns textos literarios aprendidos de memoria aos que se suxeitan en cada repeti­ción. Estamos, polo tanto, nun deses casos intermedios entre o tradicionalismo puro e os ritos fixados pola representación continuada.


O APALPADOR


 O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".


Noite do apalpadoiro: O Apalpador e O Pandigueiro

 

 CANTIGAS DE NADAL

BUSCANDO UNHA ESTELA DE TINO BAZ

NADAL DE LUINTRA

Cara Belén camiña
unha Nena ocupada
fermosa, en canto a ela,
San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén
e pediron pousada,
responderon de adentro
con voz alborotada.
¿Quen chama á miña porta,
quen á porta me chama?
Somos Xosé e María
que pedimos pousada.
Se traen cartos que entren
e senon que se vaian.
Cartos non traerei,
máis que un real de prata.
Isos son poucos cartos,
pídanno noutra parte.
San Xosé xa penaba,
María o consolaba.
Non te apenes Xosé,
non te apenes por nada,
¿qué máis cartos ti queres
que isto que me acompaña?

DANZAS DE REIS

 

Cantámosche os Reises, 
canela de cabra,
fuciño do cocho,
orella queimada;
cantámosche os Reises, 
non nos deches nada.

 

 


domingo, 17 de noviembre de 2013

martes, 12 de noviembre de 2013

POESÍA VISUAL

Presentación realizada pola profesora Anxos Rial a partir dunha exposición de poesía visual en Cosmopoética 2013



OBRADOIRO DE POESÍA 1- O ACRÓSTICO


ACRÓSTICO

Un acróstico é un poema no que as letras iniciais, medias ou finais de cada verso, lidas en sentido vertical, forman un vocábulo ou expresión.

EXEMPLOS
Queira Dios que esta gaita ben tocada
Un recordo lle valla ó bon gaiteiro,
E que millenta mais unda o primeiro
Veñan tocar tamén a Galicia amada.

Inda premita Dios que sea soada
Voando muy vistoso o meu prumeiro
Arrolando cos chios do punteiro
Garrido se mostrando coa alborada.

Avante vaia en tod'as romerias
Levada polas vilas e arredores.
Inda sea a maestra das folías.

Calada nunca estea. E de primores
Inzando os sons preñados, e alegrías,
A busquen homes legos e doutores.


                                 Xoán Manuel Pintos, A gaita gallega

               Acróstico

    Somentes
    intentaba conseguir
    deixar na terra
    algo de min que me sobrevivise

    sabendo que debería ter sabido
    impedirme a min mesmo
    descubrir que só fun un interludio
    atroz entre dous muros de silencio

    só puiden evitar vivindo á sombra
    inocularlle para sempre a quen amaba
    doses letais de amor que envelenaba
    a súa alma cunha dor eterna

    sustituindo o desexo polo exilio
    iniciei a viaxe sen retorno
    deixándome levar sen resitencia
    ó fondo dunha interna
    aniquilación chea de nostalxia
                  Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade

O SÉCULO XXI, MELLOR EN VERSO

martes, 21 de mayo de 2013

PROGRAMA ZIG-ZAG. ENTREVISTA Á ESCRITORA BEGOÑA CAAMAÑO

O programa “ZigZag Diario” conversa coa escritora e xornalista da Radio Galega Begoña Caamaño, que en só dous meses recibiu catro premios pola súa obra “Morgana en Esmelle”: o da Crítica Española, o da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Antón Losada Diéguez e o premio da AELG á mellor obra narrativa de 2012
 
Video Link: http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/corte-a-corte/zigzag-diario-entrevista-a-begona-caamano-sobre-os-premios-recibidos-por-morgana-en-esmelle

sábado, 6 de abril de 2013

EN ABRIL, LIBROS MIL

Estamos no mes dos libros. O 23 de abril conmemoramos o Día do libro e para celebralo elaboramos este cartel:



miércoles, 27 de marzo de 2013

MAKINARIA DE CARLOS NEGRO

No mes de abril traballaremos co libro de Carlos Negro, MAKINARIA

A continuación presentamos algúns recursos cos que imos traballar: 

 

 De Rosa Salgueiro traballaremos este LIM


Veremos este vídeo, gravado no IES Xesús Taboada Chivite 

  

 

 E tamén estoutro, gravado no Porto do Son:

entrevista con carlos negro from SonCine on Vimeo.



CARLOS  NEGRO EN ENREDANDO VERSOS

domingo, 24 de marzo de 2013

AS FLORIÑAS DOS TOXOS

 A chorima é a flor do toxo, ou tamén flor do inverno.Nalgúns lugares tamén é chamada alecrín: "alecrín, alecrín dourado que naceu no monte sen ser sementado", di a cantiga popular.
Noriega Varela tamén a cantou neste fermosísimo poema, cheo de sinxeleza, ao que lle engadimos fotos, tiradas nos montes de Cerveira en marzo de 2012.
Esperamos que vos gusten tanto as chorimas ou o alecrín coma a nós.


AS FLORIÑAS DOS TOXOS on PhotoPeach

domingo, 17 de marzo de 2013

EDUCACIÓN E TICS

"Somos creadores dixitais ou consumidores de contidos?, queremos que os rapaces agoten en 15 minutos a tarifa de datos do móbil ou que desenvolvan algo e compartilo?”. A polémica está servida. Hai un días o diario El País publicaba unha reportaxe titulada Aprender a programar como se aprende a leer onde se promovía a aprendizaxe da linguaxe da programación.

Paralelamente, destábase outra polémica sobre o uso do IPad nas aulas. Algúns expertos opinan que “Educar nunha sociedade dixital non significa introducir un iPad na aula”. Segundo a responsable da Fundación Pere Tarrés :Educar en una sociedad digital, no significa introducir un iPad, una pizarra digital o un portátil en el aula y quedarnos con el modelo antiguo de enseñanza-aprendizaje. Todo ello comporta un cambio conceptual y metodológico que replantee la manera de enseñar y de aprender, los roles del docente y del alumnado…, en definitiva, un nuevo modelo que eduque en las competencias básicas digitales requeridas para ser un buen ciudadano.
 












sábado, 2 de marzo de 2013

BENVIDA

Lingua dos Currás é un blog da aula de lingua e literatura galegas da profesora Paz Pereiro.
Por que dos Currás ?
Porque é o nome do lugar onde nacín, onde aprendín a lingua e porque quero conservar este topónimo.
Espero que esta lingua se encha de sabores...